Servizos

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) é unha sociedade mercantil pública autonómica, adscrita á Consellería do Medio Rural, ao servizo da Administración Galega e que ten por obxecto atender a diversas actuacións, tales como:

Actuacións, obras, traballos e prestación de servizos forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra incendios forestais e a sanidade vexetal. Elaboración de estudos, plans, proxectos e calquera tipo de consultoría e asistencia técnica e formativa en materia forestal.

Obras e infraestructuras agrarias para o desenvolvemento e conservación do medio rural. Administración e xestión de fincas ou centros agrarios.

Planificación, xestión, administración e supervisión de servizos gandeiros, veterinarios e de seguridade e sanidade animal. Implantación e restauración de pastizais.

Actuacións en materia de residuos de orixe animal, vexetal e mineral. Conservación e protección do medio natural, así como de espazos e recursos naturais protexidos.

Promoción, innovación e adaptación de novas técnicas e sistemas en materia acuícola, marisqueira e pesqueira para o uso sostible dos recursos. En especial, actuacións dirixidas a rexeneración dos bancos marisqueiros. Infraestructuras portuarias.

Actuacións de carácter urxente, participando en tarefas de emerxencia de toda clase. Intervencións ante castástrofes medioambientais ou necesidades de carácter agrario, pecuario, forestal ou marítimo.